Podcast Radio Cerna cover art

Podcast Radio Cerna

By: Radio Cerna
  • Summary

  • Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.
    © 2024 Radio Cerna
    Show More Show Less
Episodes
  • Boletín informativo ambiental 31/05/24
    May 30 2024
    Palas de Rei acolle unha mobilización histórica contra a macrocelulosa proxectada por Altri e Greenalia no corazón de Galiza. A campaña de recadación solidaria Ti Podes Paralos precisa axuda para reunir os fondos necesarios para levar o polígono eólico Monte Contado ante a Xustiza. A empresa Erimsa proxecta unha mina a ceo aberto dunhas 1.000 hectáreas na comarca de Ordes. A Xunta de Galiza dálle a razón a ADEGA e recoñece que a tramitación da Rolda Leste era irregular. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
    Show More Show Less
    10 mins
  • Boletín informativo ambiental 24/05/24
    May 23 2024
    A factoría de Altri contaminará a atmosfera máis que todas as celulosas do Estado. A análise da documentación do “Proxecto GAMA” non deixa de achegar datos preocupantes. E mentres, empresas e produtoras agroalimentarias da propia Ulloa, do Deza, Melide e Arzúa mostran tamén o seu rexeitamento ao proxecto de macrocelulosa cun manifesto. Ademais, con motivo do Día Europeo da Rede Natura 2000, unha trintena de organizacións ecoloxistas piden triplicar en seis anos a superficie actual da Rede Natura en Galiza. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
    Show More Show Less
    10 mins
  • Boletín informativo ambiental 17/05/24
    May 16 2024
    A megafactoría de Altri constituiría un problema de saúde pública, segundo alertan médicas. Xa son 40 os proxectos eólicos paralizados cautelarmente pola Xustiza no que vai de ano; un dos últimos, o Acibal, no que a empresa promotora, Norvento, segue traballando tras a resolución xudicial, segundo a plataforma Amil Sen Eólicos. O sector marisqueiro atravesa un dos seus peores momentos; e ADEGA celebra a súa Asemblea Xeral en Melide. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
    Show More Show Less
    10 mins

What listeners say about Podcast Radio Cerna

Average customer ratings

Reviews - Please select the tabs below to change the source of reviews.